Saltar al contenido

Poemas do Penúltimo Acto

Aqui podedes ler os poemas dos poetas que no ano 2012 recitanos no Uf.

LER

Novos videos

Como prometín dende o facebook, presento os novos videos gravados no concerto que demos no Uf o 27 de Outubro do 2012. Para a xente que estivo no concerto son unha maneira de lembrar unha boa noite e para a xente que non estivo e a maneira de que nos vexan en directo.

 

 

Concerto no Uf en vigo.

É un pracer poder presentarnos en Vigo no Café Uf A primeira vez que entrei no Uf foi para asistir a un recital poético realizado por Penúltimo Acto, e a verdade que me quedei prendado do lugar. A decoración, o esceario co fondo do Guernica, a frase de Rosalía “Negra Sombra”… cada recuncho do Uf é máxico. Síntome como se estivera noutra época, como se os cafés- tertulias voltaran encher as conversas con café e viño. Un lugar bohemio e entrañable onde a nosa música descansará por unhas horas e na lembranza dos que vaiades no voso corazón para sempre.
Anxo Blas

Novos videos

Para todos aqueles que se perderon o concerto de Santiago, para aqueles que non saben como soa a nova banda, para aqueles que nunca me escoitaron e non saben o que fago… presento dous novos videos. “Impasse” onde se pode escoitar a forza dos intrumnetos de corda e “Eu boto” reflexo da indignación que estamos dos políticos. Na sección de videos podedes escoitala.

Concerto no Garigolo. 29/06/2012.Santiago de Compostela

Aproxímase o concerto tan esperado de anxoblas. Despois dunha tempada sen ter novas, agora sorpréndenos cunha nova xira. Coa chegada de novos membros a banda a música apodérase dunha forza no escenario que fai vibrar os corazóns máis escépticos. O concerto vai estar cheo de novidades, poderemos atopar o mellor de anxoblas que facía no pasado, mixturado coas novas reflexións poéticas e musicais.

EuquE

Visita EuquE o libreto completo que acompaña ó disco.