Saltar al contenido

Xa estamos aquí.

anxoPor fin xa podemos dicir que hai data de presentación dos novos temas e da presentación da banda. Será en Vilar de Santos na Arca da Noe  o  6 de Xaneiro do 2017. Boa forma de comenzar o ano. Xa irei pondo novas datas.

Comenza tamén unha nova tempada dos Cantautores de Garda, que somos unhos cantautores de Vigo que cada segundo mes na Pecera homenaxeamos a un poeta ou cantantante onde cada un de nós interpreta ou reinterpreta unha canción do homenaxeado e logo tocamos temas propios. É sempre un reto, unha nova ocasión de mostrar sempre material novo. Por iso cada mes é un concerto distinto. Estou encantado de compartir esceario cos meus compañeiros. É unha oportunidade de superarme cada mes, de compor novos temas e mostralos nús só coa guitarra.

Mirade o Calendario para saber as datas.

Actualizado o Blog

Queda actualizado o blog. Aquí colgarei toda a información pertencente as miñas actuacións. Poderás pensar, en que se diferencia do facebook ?, moi sinxelo aínda que no facebook tes información de cando toco, incluso algunha foto, nesta páxina a información está ordeada e permanece para sempre. No facebook a presenza de tanta información as veces desinforma e non chega as persoas que non están tan pendentes do facebook.

Po iso remomendo botarlle sempre unha ollada a este blog. Avisados quedades.

Novos videos

Podedes ver dous temas interpretados na guitarra e ukelele na sección de Videos. Gravados na presentación do libro de Raquel A Flor do Cacto na Libraría Cartabón

Poemas do Penúltimo Acto

Aqui podedes ler os poemas dos poetas que no ano 2012 recitanos no Uf.

LER

Novos videos

Como prometín dende o facebook, presento os novos videos gravados no concerto que demos no Uf o 27 de Outubro do 2012. Para a xente que estivo no concerto son unha maneira de lembrar unha boa noite e para a xente que non estivo e a maneira de que nos vexan en directo.

 

 

Concerto no Uf en vigo.

É un pracer poder presentarnos en Vigo no Café Uf A primeira vez que entrei no Uf foi para asistir a un recital poético realizado por Penúltimo Acto, e a verdade que me quedei prendado do lugar. A decoración, o esceario co fondo do Guernica, a frase de Rosalía “Negra Sombra”… cada recuncho do Uf é máxico. Síntome como se estivera noutra época, como se os cafés- tertulias voltaran encher as conversas con café e viño. Un lugar bohemio e entrañable onde a nosa música descansará por unhas horas e na lembranza dos que vaiades no voso corazón para sempre.
Anxo Blas