Saltar al contenido

Música na Páxina

Por fin podo comunicar que teño a miña música na páxina. Como moita xente preguntoume que quería escoitar algo meu de EuquE o meu primeiro cd gravado no 2009, aquí deixo unha pequena mostra. Foi unha edición limitada, que ainda gardo algunhas e que venderei nos concertos algún día. Como é algo moi distinto ao que fago agora, e non me gusta enganar a xente, de momento están conmigo.

Tamén subirei a primeira maqueta que  gravei. Agardo que sexa do voso gusto. E lembrade que todos temos un pasado.

Nova Xira

Despois de realizar a xira Oín falar tan ben de ti, acompañado de Susana e David Outumuro, que nos levou as principais cidades galegas, agora apetéceme comenzar unha xira máis íntima e máis acústica onde me enfrentarei eu  só, xunto coas miñas guitarras, ao público. Estarán os temas de sempre pero tamén novos temas en acústico que me apetece mostrar e que non tíñan lugar nunha formación de banda. Cada concerto vai ser único, xa que, podo improvisar repertorio que me interese no momento, ao non depender de ninguén.

Agardo que sexa unha xira de presentación longa para despois pecharme nun estudio de gravación e poder gravar o que sería o primeiro disco de cantautor.

Xa irei publicando as datas dos concertos.

IV Tangaraño. Sobradelo

 Participar no Tangaraño foi toda unha experiencia para min. Coñecer a artistas que os vía por primeira vez, propostas culturais diversas e un ambientazo increible.

Gardo tamén unha fermosa lembranza, xa que, sempre me lembrarei que foi o primeiro sitio onde me corearon o retrouso da “Oín falar tan ben de ti”. Eu só tocaba a guitarra e a xente cantaba, cando che pasa algo así non sabedes o subidón que dá, o agradecido que queda un e o ben que o pasamos todos.

Coñecer a Rochi foi tamén unha experiencia. Na vida vin unha persoa tan involucrada, ilusionada e con tanta enerxía para levar a bo porto o Tangaraño que cada ano vai a máis.

Visita obrigada para todo o público e artistas. Ademais está a seis quilómetros de Vilar de Barrio. Que máis se pode pedir?

anxo

Comenzo da xira 2017

Por fin xa chegou o día no que dá comenzo a xira que agardo poida recorrer moitos lugares da nosa xeografía. Comenzamos en Vilar de Santos na Arca da Noe. Non se me ocorre mellor sitio para comenzar, ambiente estupendo,un trato familiar, unha programación insuperable e ademais preto do lugar onde me considero da Limia, de Vilar de Barrio.

O concerto está pensado como unha viaxe. Agardo que todos aqueles que me descubren por primeira vez nun esceario, poidan ver e sentir un espectáculo de seu, onde ademais das cancións xogan tamén un papel primordial todos os obxectos que me acompañan e me axudan a presentar os temas. O repertorio creado farate voar e transitar pola quimera dos meus soños, que agardo que tamén poidan ser os teus. Trátase dun evento interactivo de estilos musicais, bromas escénicas e filosofía de andar por casa… todo para expresar todo o meu mundo. Unha viaxe onde agardo que perdure por moito tempo nas vosas lembranzas dese periplo sonoro que acabas de escoitar e que agora xa é de todos vós.

Irei colgando fotos e videos das actuacións. Non tardes moito en voltar a visitar esta páxina.

Serexs

Serexs é un conxunto de músicos da zona de Vigo, cantautores e poetas que nos xuntamos na Pecera para cada segundo xoves de mes, interpretar as nosas cancións e homenaxear algún persoaxe relevante.

O nome de Serexs vén do xogo de palabras de sereo serea, pareceunos orixinal xa que iamos estares na pecera.
Serexs somos:

Leo Arremecághona, Anxo Blas, Nico Holden’s,Servando Barreiro,Manolo Pipas,Vanessa Glemsel,Nuria Vil e Roxana Villagrasa Méndez.

 

Seguimos en ruta.

cantaurores-de-garda

O vindeiro 15 de Decembro. Comenzamos cos Cantautores de Vigo.

leonard-cohen

Nesta ocasión comenzamos en La Pecera (Pizarro 35) a nova tempada. Despois da inesperada morte de Leonard Cohen, decidimos facerlle unha homenaxe a este xenial escritor e compositor.

————————————————————————–

 

manuel-maria

 

O 17 xunto cos cantauores e amigos homenaxeamos a Manuel María.

Xa estamos aquí.

anxoPor fin xa podemos dicir que hai data de presentación dos novos temas e da presentación da banda. Será en Vilar de Santos na Arca da Noe  o  6 de Xaneiro do 2017. Boa forma de comenzar o ano. Xa irei pondo novas datas.

Comenza tamén unha nova tempada dos Cantautores de Garda, que somos unhos cantautores de Vigo que cada segundo mes na Pecera homenaxeamos a un poeta ou cantantante onde cada un de nós interpreta ou reinterpreta unha canción do homenaxeado e logo tocamos temas propios. É sempre un reto, unha nova ocasión de mostrar sempre material novo. Por iso cada mes é un concerto distinto. Estou encantado de compartir esceario cos meus compañeiros. É unha oportunidade de superarme cada mes, de compor novos temas e mostralos nús só coa guitarra.

Mirade o Calendario para saber as datas.