Skip to content

Paragüeiro Trobador

Cando eu tiña sobre nove anos, na Feira de Vilar de Barrio pedinlle a miña nai que me mercara unha guitarra de plástico que pendura dun posto onde había de todo. A miña nai díxome a frase que cambiaría a miña vida; “Por qué non compras unha de verdade e non esta que é de xoguete que non vale para nada?”.

O primeiro concerto  foi no 2003 o 28 de Marzo na Fundación Granell en Santiago de Compostela.

O 9 de Febreiro do 2004 gravo a maqueta”Saberis”nos estudios da Radio Galega e baixo o control de Pablo Barreiro.

O 15 de Marzo do 2005 gravo a segunda maqueta baixo a dirección de P. Copin.

A finais do 2009 aparece o  disco “Euque” gravado nos estudios da Casa de Tolos.

No 2018 estou en pleno proceso de gravación do segundo disco que se chamará ” Vivimos en Vigo”.

PARAGÜEIRO XOGRADOR

Pódese dicir que sempre fun Trobador e nunca exercera coma tal. Antes facía música e poemas e sempre había algo na guitarra que tamén cantaba, pero era mínima a súa presenza. No ano 2015, porén, comecei a facer composicións claramente de trobador, ou -como se di agora- de cantautor. A miña intención era reunir un puñado de cancións e facerlles os arranxos correspondentes para corda. E comezar a cantar. Mais nunca se me ocorrería dar un concerto eu só coa guitarra.

Así xuntei os poemas que pasaron a ser letras de cancións interpretadas coa guitarra eléctrica, coa acústica,co uquelele e mesmo co piano toy.

Prefiro ser paragüeiro trobador, porque conto mentiras que falan de verdades e verdades que parece mentira que sexan certas. Como os bos paragüeiros de antano, aprendo de todos os lugares por onde ando, de todas as conversas, de todas as experiencias que me ofrece a vida para facer cancións con crítica, con retranca, musicando poemas. Teño musicalizado a Celso Emilio Ferreiro, Lois Pereiro, Quico Valeiras e a Rosalía de Castro.

Por qué musicalizo aos poetas?. Hai moitas razóns. A primeira é pragmática, non existe mellor letra que a que escribe un poeta. Para unha canción necesítase unha letra e unha música, e moitas veces cando estou compondo unha letra atópome que un poeta xa escribiu o mesmo e moito mellor ca min, entón emprego ou adapto un poema. Outra razón porque gústame dar a coñecer a poetas, desterrar a idea de que os poetas son aburridos ou están pasados de moda. Gracias a música pódese contextualizar mellor a palabra, darlle máis significado e así as ideas e os sentimentos van por unha vía rápida cara os teus miolos. Agora estamos nun momento cultural onde a poesía e a música van da man. Hai moitos artistas que combinan as dúas facetas, por non dicir a poesía reinvidicativa dos momentos do punk ou do rap. Pero quero demostrar que poetas como Celso Emilio Ferreiro son tan contemporaneos como calquera dos poetas actuais. E a última razón, é que eu son consumidor de poesía, e cando estou creando xúntanse moitas veces o que estou lendo co que estou tocando, e mixtura é inevitabel. Poesía e música son pólas da mesma árbore que florecen no esceario.

Agora estou a gozar dunha das experiencias máis fascinantes que me ofrece a vida: poder presentar a miña quimera, a maneira de como vexo o mundo, a maneira de entendelo, a maneira de comprenderme… e sobre todo a oportunidade de que ti o vexas e o disfrutes. 

Dejar un comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: