Novidades
Xa podo comunicarvos que comencei a dar os primeiros pasos para que este ano se formalice a tan esperada gravación do que será o meu primeiro disco en formato cantautor. O primeiro paso é buscar un estudo de gravación calcular os costes de gravado e masterizado, logo toca calcular a edición e formato do cd, pensar cómo queres estructuralo, que imaxes e textos colocar… e despois de saber canto costa todo isto é cando formaizarei en datas o Crowdfunding para saber se acadamos o propósito de quitar este proxecto adiante.
De momento podedes ver algúns videos novos na sección de videos. Foron gravados na Arca de Noe en Vilar de Santos, lugar emblemático e talismán para min, nunca me pasara que antes de comenzar a tocar a xente me pedira que tocara ” Vivimos en Vigo” e ” Oín falar tan ben de ti”. E mira que aínda non saiu o disco… A gravación e edición foi feita por Alexandre Cabanelas que ademais acompañoume no saxo. Quedei tan contento de Alexandre que xa é un membro fixo na miña formación.
Seguirei dando novas…